Agencia de colocación

Oferta de emprego 2017 AGAEMP – Asociación Galega de Emprendedores

A Asociación Galega de Emprendedores adhírese á “Convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017” realizada pola Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado do Concello de Vigo.

Postos ofertados e perfís solicitados

  • 1 orientador profesional, co seguinte perfil: titulación superior na área de ciencias sociais, valorarase formación en coaching, experiencia profesional de máis de seis anos, experiencia en labores de orientación laboral, coñecementos en xestión da formación continua, experiencia en captación de alumnos e empresas.
  • 1 oficial administrativo de primeira, co seguinte perfil: experiencia profesional de máis de 15 anos en negociación con clientes e provedores, coñecementos e experiencia en xestión da formación continua, coñecementos do tecido empresarial do Concello de Vigo.
Requisitos xerais
  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2016.
  • Estar inscrito/a como demandante de emprego no SPEG.
  • Posuír a perfil para o posto solicitado.
Outros requisitos
  • Permiso de condución, vehículo propio e dispoñibilidade para viaxar.
  • Manexo de ferramentas informáticas.
  • Proactividade e capacidade de resolución de problemas.

Presentación de currículos

Data de publicación da oferta: 21/03/2017.